ELABORACIÓN DA CARTOGRAFÍA RELATIVA AO PLAN MUNICIPAL DE PREVENCIÓN E DEFENSA CONTRA OS INCENDIOS FORESTAIS DO CONCELLO DE VEREA.
Neste traballo realizamos a cartografía necesaria para poder elaborar o Plan Municipal de Prevención e defensa contra os incendios forestais, para ilo, en primeiro lugar dixitalizamos e xeo-refereniciamos o Planeamento existente (NSP) elaborando unha cartografía dixital e unha vez catalogados os distintos recintos conforme a actual lei do solo de Galicia, empregaranse as ferramentas de análise espacial oportunas para detectar todas as edificacións existentes fóra dos ámbitos delimitados (núcleos rurais e Solo Urbano), examinando cada unha delas e eliminando aquelas tipoloxías ou usos non admitidos no Plan de Prevención (Ruínas, galpóns, piscinas...) e comprobando a existencia de instalacións industriais, depósitos de lixo, gasolineiras ou cámpings (seguindo os criterios do artigo 21 da Lei 3/2007).
Neste caso ademais de empregar as ortofotos de máxima resolución (datadas no ano 2017) houbo de empregarse imaxes satelitais de máxima resolución e de máxima actualidade (2021) que permitirán identificar as edificacións/reformas de nova planta (ano 2017 a 2021) e que serán tamén susceptibles de crear faixas de protección.
Núcleos definidos: 41.
Edificacións detectadas fora dos núcleos: 170 ud.
Traballo coordinado co Concello de Verea que ademais da total cooperación e o seu compromiso coas labores de prevención de lumes, aportou varias premisas e ideas que empregaremos en futuros proxectos.